Desde o 2013 traballando por outra Salvaterra

Comprometidos coa igualdade e co fomento do galego, coa participación veciñal a través da posta en valor do patrimonio material e inmaterial das nosas parroquias e o noso medio

Andainas botánicas

Lazoiro organiza tódolos anos unha andaina botánica co divulgador Carlos Venade polas marxes dos ríos Miño e Tea. Unha actividade para poñer en valor o noso medio apta para toda a familia

Gala premios Provincias á Xuventude 2019

A asociación obtivo o terceiro premio na categoría de Iniciativa Social, outorgado pola Deputación de Pontevedra no Pazo Provincial nunha gala adicada aos premios Provincias á Xuventude. O proxecto presentado foi Memoria de Salvaterra.

Fomentando o patrimonio de Salvaterra

No ano 2018 deuse o salto á organización de exposicións para poñer en valor o patrimonio da nosas parroquias

Proxecto Ríos e defensa do medio ambiente

Lazoiro colabora co Proxecto Ríos que é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos río de forma periódica e unha limpeza anual, actividades promovidas por ADEGA

Realización de curtas

Xentes da Raia

Curta realizada polo socio Gonzalo Castro que fala das relacións entre Salvaterra e Monção antes da construción da Ponte internacional

A Nosa Memoria

Curta realizada por Lazoiro para poñer en valor tres figuras de relevancia para Salvaterra: Manuel Puente, Manuel Mariño e José Domínguez

Memoria de Salvaterra

Un proxecto adicado a poñer en valor a memoria das nosas parroquias a través da creación dun arquivo fotográfico que a Asociación esta dixitalizando para amosalo na web memoriadesalvaterra.lazoiro.org

Séguenos nas redes sociais

A %d blogueros les gusta esto: