O 29 de decembro O Apalpador visitou Salvaterra

Con moito esforzo dende a Asociación Lazoiro logramos traer ao Apalpador, chegou dende o Courel para agasallar aos máis cativos con lambonadas, debuxos, globos e un libro sobre a historia do Apalpador. Podedes consultar todas a fotos no noso Facebook

Fin da campaña de recollida de xoguetes e chegada do Apalpador

A Asociación Lazoiro, somos unha organización nova fundada en Salvaterra de Miño por  un grupo de xente nova, na procura de dinamizar á actividade socio-cultural e deportiva, poñendo en valor o patrimonio da nosa vila e as nosas parroquias e fomentando valores como a participación cidadá, o emprego da nosa lingua e o ecoloxismo. OSeguir lendo “Fin da campaña de recollida de xoguetes e chegada do Apalpador”