A Nosa Memoria, exposición e homenaxe os días 21, 22 e 23 de outubro

Lazoiro organiza os días 21, 22 e 23 unha nova exposición nas Covas de Dona Urraca en Salvaterra, adicada á memoria histórica. A exposición contara con medio cento de fotografías, xornais e documentación da época. Ademais, o domingo 23 terá lugar un acto homenaxe.

Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra

O estudo ambiental do proxecto presentado polo Concello evidencia que non se trata dun estudo real da zona, senón dun copia e pega doutro proxecto ao aparecer especies e outras informacións que non existen en Salvaterra O pasado luns día 3 de outubro a Asociación Lazoiro presentou no Concello de Salvaterra de Miño unha recompilaciónSeguir lendo “Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto do Pantalán en Salvaterra”

Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra

Na limpeza gozouse dunha  xornada de voluntariado  ambiental e concienciación social Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 2 de outubro á Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. Ademais dos obxectos habituais atopados, comoSeguir lendo “Lazoiro recolle preto de 300 kilos de lixo no río Tea en Salvaterra”