Participa con nós, somos unha organización aberta e plural
En Lazoiro pensamos que tódalas persoas con diferentes inquedanzas culturais, ecoloxistas ou con ganas de espallar a participación cidadá teñen un oco. Por ese motivo, se algún día tes unha idea e queres levala a cabo podes chamarnos, enviarnos unha mensaxe a través das redes sociais (Facebook e Twitter), escribirnos un correo a info @ lazoiro.org ou pararnos pola rúa.
Podes asistir as nosas Asambleas e Xuntanzas sen necesidade de ser socio ou socia.
Quedamos cada dúas semanas, concretamente os martes en horario de 21:00h a 22:00h na Casa da Cultura de Salvaterra, nunha sala subindo á Biblioteca. De todas formas é posible algunhas veces haxa cambios, para saber os días estade atentos as redes sociais onde estamos Facebook e Twitter ou pegádenos un toque ao móbil!
Entre todos e todas podemos facer de Salvaterra unha vila máis activa!