Andaina botánica con Carlos Venade o sábado 26 de maio en Salvaterra

O vindeiro sábado 26 de maio Lazoiro organizará unha nova andaina botánica co divulgador Carlos Venade. Comezará ás 9:30h na entrada do Parque A Canuda en Salvaterra de Miño, será necesario inscrición previa nun dos teléfonos que saen no cartaz. A duración aproximada será de 4h, para tódolos niveis.

Lazoiro presenta máis de 20 propostas para mellorar o medioambiente en Salvaterra

A asociación Lazoiro presentou o venres 24de abril propostas medioambientais no Concello de Salvaterra Dende fai un tempo ata estas datas, a asociación Lazoiro ven observando unha serie de actuacións e situacións relacionadas co noso medioambiente de Salvaterra de Miño que consideramos, non só como irregularidades a respecto das leis vixentes, senón de profundo danoSeguir lendo “Lazoiro presenta máis de 20 propostas para mellorar o medioambiente en Salvaterra”

Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto Medioambiental da PLISAN

A falta de definición da PLISAN e a pasividade por parte das institucións e promotores fan evidentes á falta de medidas protectoras co río Miño e co medio ambiente en xeral. Dende asociación Lazoiro queremos amosar a nosa preocupación no referente ao Proxecto Medioambiental da Plisan e que senón contempla unha serie de medidas mínimasSeguir lendo “Lazoiro presenta alegacións ao Proxecto Medioambiental da PLISAN”